O Concello porá un
servizo de transporte gratuito para os nenos e nenas que residen nas parroquias de Ordes
O Concello de Ordes pon en marcha o seu programa
‘Conciliar en Semana Santa será fácil e divertido’. Unha iniciativa que pretende conciliar
a vida familiar e laboral durante os próximos días de asueto con motivo da
celebración da Semana Santa. Concretamente o programa desenvolverase durante os
días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril.
Nesta
ocasión o Departamento de Cultura e Deporte ten previstos unha serie de
actividades e obradoiros que se desenvolverán en horario matutino. Neles a
creatividade o entretemento a diversión e o aprendizaje serán o denominador
común.
Co fin de facilitar a asistencia
e participación o Concello de Ordes porá un servizo gratuito de
transporte para os nenos e nenas que residan nas parroquias.
Inscricións
Para
anotarse basta con estar matriculado en Educación Infantil ou Primaria nalgún
dos centros ubicados no municipio.
A
matrícula pódese formalizar na mesma Casa do Concello adxuntando á ficha de
inscrición máis unha fotocopia do DNI ou do libro de familia, unha copia da tarxeta
sanitaria, e un xustificante médico no caso de que o menor padeza algunha
doenza.
Cabe ter en conta que as prazas son limitadas, polo que as prazas
iranse asignando por rigurosa orden de chegada.
*