Con motivo da Semana da Moda de Galicia
O centro comercial compostelán Área Central acolle durante estes días e ata o
próximo 7 de abril unha mostra dalgunhas pezas pertencentes ao Museo do Traxe
Juanjo Linares de Ordes.
Concretamente trátase dunha serie composta por traxes
rexionais das Comunidades Autónomas de todo o territorio nacional, cedidas
temporalmente con motivo da celebración da Semana da Moda de Galicia (Galicia
Fashion Week).
*