Estado actual das pistas da concentración parcelaria de Beán. |
Segundo a súa asociación de veciños, as pistas están "cheas de lama, rodeiras, socavóns e cunetas atascadas"
Culpan do feito á "aparente mala calidade" dos materiais con que foron cubertas
A
Asociación de Veciños de Beán denunciou hoxe a "indignación" dos
veciños da parroquia polo estado das súas pistas rurais de concentración
parcelaria. Segundo estes, as pistas están "cheas de rodeiras, socavóns e cunetas atascadas".
Dende a
asociación aseguran que o estado "xa non era moi bo dende a súa
construción", pero os sucesivos invernos foron "excavando e facendo
rodeiras e lamas por todos lados", tanto nos tramos xerais como nas zonas
de reposo de augas, que "non
desembocan no lugar onde deberían". A asociación considera que
este feito trae a súa causa na "aparente mala calidade" dos materiais con
que foron cubertas as pistas.
Ainda así, a "estocada
final", denuncian, chegou o pasado 31 de decembro coa publicación da orde
de entrada nas fincas de reemplazo e a conseguinte toma de posesión nos seis
meses seguintes.
"A xente a os
madeiristas comezaron a retirar a madeira dos montes e o uso de maquinaria
pesada e non tan pesada nunhas pistas enfangadas fixeron o resto",
aseguran.
A Asociación de Veciños de Beán puxo estes feitos en
coñecemento do Concello de Ordes e dos representantes da concentración
parcelaria.
Segundo aqueles, a resposta recibida polo Concello foi que
"en pleno inverno non se poden poñer a
arranxalas e tampouco hai soporte económico para facerlle fronte neste
momento", ainda que si se comprometeron a arranxar as pistas "en
canto lles sexa posible".
*