domingo, 10 de marzo de 2013

O PSOE de Ordes organizará unha charla coloquio con mulleres

Participarán a deputada nacional Laura Seara e a concelleira de Cerceda María Viqueira

Terá lugar o próximo venres 15 ás 20:30 horas no Museo do Traxe

A Agrupación Socialista de Ordes celebrará o próximo venres 15 unha charla coloquio co gallo do Día internacional da muller traballadora.

Interverán a deputada nacional Laura Seara, ex secretaria de Estado de Igualdade; e María Viqueira, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Cerceda.

O encontro será moderado por Antonio Morán, secretario de Políticas Sociais do PSdG-PSOE de Ordes.

A charla terá lugar no Museo do Traxe Juanjo Liñares (Praza do Campo da Feira, 5) a partir das 20:30 horas.

*