lunes, 4 de marzo de 2013

O concurso musical 'Operación Ordes' se presenta este mércores


Terá lugar ás 11:50 horas no salón de actos do IES nº 1 de Ordes, no Paraíso

Poderán participar solistas e bandas, en versións orixinais ou adaptadas, pero todas en galego

O equipo de Normalización Lingüística e as direccións dos IES Nº 1 e IES Maruxa Mallo de Ordes convocan unha rolda de prensa para presentar o concurso de talentos musicais 'Operación Ordes'. A citá terá lugar ás 11.50 horas do próximo mércores 6 de marzo no salón de actos do IES Nº.

Operación Ordes vai dirixido a aqueles rapaces e rapazas que cursan os seus estudos nalgún centro de esino dentro da circunscrición do IES Nº 1 de Ordes. Concretamente para os que van dende 6º de primaria ata 2º de bacharelato, así como os matriculados en ciclos formativos, ESA ou PCP

Solistas e bandas
A convocatoria está aberta tanto para solistas como para grupos, que deberán ter como mínimo un integrante matriculado nalgún dos centros académicos. 

Admitiranse temas orixinais ou adaptacións que poderán ser interpretadas en directo ou ben pregrabalas. Eso sí, o equipo de normalización lingüística do IES Nº1 de Ordes, promotor desta iniciativa, require que o tema sexa interpretado en lingua galega. 

Os interesados en participara deben cumplimentar ata o 21 de marzo como data límite unha folla de inscrición que poderán conseguir no seu centro de ensino ou ben a través do enlace www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1ordes.

Rolda de clasificacións
A primeira rolda de clasificacións desenvolverase no IES Nº 1 ó 8 de abril, sendo a rolda final o 16 de maio no auditorio da Casa da Cultura de Ordes. Xa por último a discoteca LP 45 albergará o 31 de maio unha gran gala con participantes do concurso ademais doutros grupos e actuacións.

 A organización conta co apoio do IES Maruxa Mallo, da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) e o do Concello de Ordes.

*