domingo, 10 de marzo de 2013

Máis de catro mil personas enchen o Mesón do Vento na súa festa do lacón con grelos

As viandas da festa: O lacón, os chourizos, e a orella do porco xunto aos grelos e as patacas.

Houbo degustacións gratuítas e probas de andadura, trotón e arrastre

Máis de 4.000 persoas visitaron no día de hoxe a XV Feira do lacón con grelos celebrada en  Mesón do Vento. Unha cita que viviu hoxe o seu día grande cunha degustación gratuíta deste prato que ocupa un lugar destacado no receitario galego. 

Aspecto do recinto feiral do Mesón do Vento esta mañá.
Competicións
Ademais do aspecto culinario, a xornada de hoxe veu marcada pola competición coas probas de andadura federada galega de dous e catro tempos, as carreiras de trotóns e as probas de arrastre vacún.
*