Gando exhibido onte no recinto feiral do Mesón do Vento (Ardemil), co gallo da XV festa do lacón con grelos. |
A xornada festiva dará comezo esta mañá coa apertura do recinfo feiral e a degustacións gratuítas
A partir das 12:00 darán comezo as competicións de gando e cabalos
Onte deu comezo no Mesón do Vento a XV Festa do lacón con grelos. Unha cita que terá continuidade a longo
de toda a xornada de hoxe. No día de onte exhibíronse preto de 300 cabezas de gando.
Tamén tivo lugar unha mostra de maquinaria agrícola
antes da música na sesión vermú e nocturna a
cargo do dúo Cine.
Xornada de hoxe
A xornada de hoxe domingo dará comenzo a partir das
10:00 horas coa apertura do recinto feiral e a degustación gratuíta de lacón con
grelos nos distintos establecementos da zona. Durante a mañá tamén terá lugar unha
concentración moteira organizada polo clube Biela Queimada.
A partir das 12:00 horas
desenvolverase a proba de andadura federada galegade dous e catro tempos. A
partir das 15:30 horas disputarase a carreira de trotóns. En ambos casos este
ano os premios oscilan entre os 120 euros para o primeiro clasificado e os 30
euros do quinto.
As probas de trote libre darán comenzo ás 16:30 horas con 80,
50 e 30 euros en premios, para concluir ás 17:00 horas coas probas de arrastre de
gando común.
A música en vivo e o baile tamén marcarán
esta xornada de festa en Ardemil.
*