O trailer avariado (vermello) durante o paso de outros vehículos de carga pesada esta mañá no centro da vila. |
Un deles plantexa crear "moitos badenes" ao longo da N-550 no centro da vila que "espanten" ao tráfico
Todo o día de hoxe o centro da vila de Ordes á altura do cruce da N-550 coa rúa do Recreo e dos Lagartos estivo bloqueado parcialmente por mor da avaría dun trailer no mesmo semáforo da estrada nacional.
Tal como se aprecia na fotografía, o trailer avariado, de cor vermella, obstaculizou durante todo o día o tráfico, facéndose especialmente complicado cando pretendían pasar pola zona varios vehículos de tráfico pesado ao mesmo tempo.
Do mesmo xeito, o feito acontecido hoxe proba o alto tráfico pesado que pese á existencia da ronda leste, segue a rexistrar a diario o centro da vila de Ordes.
"A ronda leste da unha volta moi larga"
Segundo varios transportistas de carga pesada preguntados hoxe por Ordessiete e que queren manter o anonimato, boa parte dos camións que atravesan a cotío o centro da vila o fan porque segundo declaran todos eles, "a ronda leste da unha volta moi larga", coa pérdida de tempo e en combustible que isto acarrea.
Tamén entran na vila, aseguran, "xa por costume, de forma xa automática". Ainda así, están de acordo con que o tráfico pesado non debería pasar polo centro de Ordes, pero que este comportamento "está tolerado". Tamén recoñecen que "nunca fomos sancionados nin sequera avisados" para ser desviados cara a ronda leste.
Solucións
Preguntados sobre cales serían as solucións que plantexarían para este problema, un deles asegura que pese a que lles resultara perxudicial, a solución pasa por "multar" e outro deles di que "mellorar a sinalización" do desvío cara á ronda leste.
Outro máis plantexa "crear moitos badenes que espanten ao tráfico, tal e como fan en Europa adiante cando queren que non entren tantos coches nos cascos urbáns, que é unha forma de espatalos cara a outros desvíos".
*