Correrá a cargo de Manuel Pena, técnico da oficina de Fomento de Cooperativas da Comarca de Ordes
O Concello de Ordes desenvolverá, co gallo do Día Internacional da
Muller, unha serie de actividades coas que
pretende conmemorar esta data á par que contribuir na
concienciación da igualdade entre sexos
e os dereitos da muller.
Así, o próximo venres a partir das 10:30 horas, o salón de plenos
ubicado nos baixos da Alameda acollerá unha xornada sobre cooperativismo a cargo de Manuel Pena, técnico da oficina de Fomento de Cooperativas da
Comarca de Ordes.
Todas aquelas persoas que desexen acudir deberán inscribirse
previamente no Centro de Información á Muller, situado nos local da
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.
Campaña One Woman
O Concello de Ordes tamén colaborará coa campaña One
Woman, que organiza ONU Mulleres e que consiste na difusión da canción Unha Muller, tema composto por diversas artistas de todo o mundo en homenaxe a
ONU Mulleres polo seu esforzo en mellorar a vida das mulleres e acabar coa
violencia de xénero. *