lunes, 7 de enero de 2013

Tordoia vibrou coa cultura popular dos Viqueiras

Pontepedra, en Tordoia, acolleu a nova Noite de Tasca organizada polo grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes.
As Noites de Tasca do pasado venres estivo dedicada aos cantos de Reis

O pasado venres, o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes celebrou un novo encontro  folclórico dentro da súas Noites de Tasca. En colaboración coa Asociación O Buxo e o Concello de Tordoia, a xornada estivo dedicada aos cantos de Reis. Dende as 21:30 horas, os grupos de gaitas e pandereteiras participantes entonaron panxoliñas re reises percorrendo os bares de Pontepedra

Alí estiveron as Pandereteiras das Encrobas (Cerceda) e de Rodís (Cerceda); o grupo Somos Nós, de Ordes; a Escola de música e baile tradicional Xurde, a a Asociación Cultural Xacarandaina da Coruña. 

Mini e Mero
Os Viqueiras de Ordes e Os Trouleiros de Lesta (Ordes) consumaron a festa na cervexería Brincadeira, onde contaron ca actuación estelar dos lucenses Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias, mais coñecidos como Mini e Mero, acompañados polo gaiteiro Raúl Galego.


Logo despois das actuación houbo unha gran foliada onde músicos, bailadores e público disfrutaron da cultura popular galega ata altas horas da madrugada.

*