O
Concello celebrará un gran desfile e concurso de disfraces o vindeiro
16 de febreiro
Inscricións ata o 13 de febreiro
O
Concello de Ordes ven de facer público o seu programa de actividades de cara á
celebración da festividade do Entroido. Nesta ocasión a primeira das citas terá
lugar o martes 11 de febreiro, data especialmente pensada para os nenos e
nenas. A Tarde de Entroidada dará comenzo a partir das 16.30 horas na Alameda,
espazo onde se levarán a cabo obradoiros de maquillaxe, chapas, globoflexia e
máscaras.
Ata as 19:30 horas celebrarase unha gran festa con animación de rúa, xogos
colectivos e moitas máis sorpresas. No caso de que chova a organización ten
previsto trasladar todas estas actividades a o pavillón Campomaior.
Sábado de piñata
Xa de cara ó sábado 16 de febreiro terá
lugar o popular Sábado de piñata, onde haberá un gran desfile polas rúas do
pobo a partir das 17:00 horas. Unha cita que cada ano congrega no municipio a
centenares de participantes individuais, comparsas e carrozas chegados de
distintos puntos da xeografía galega, os cales competirán por acadar o mellor
dos premios.
Os interesados en participar poderán inscribirse gratuitamente ata
o 13 de febreiro nos departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, ou
ben chamando ó 981680002 ou 981680157.
Deste xeito na modalidade individual haberá categoría
adultos, a partir dos 16 anos, e categoría infantil para aqueles que teñan como
moito 16 anos. Neste caso os premios serán de 175, 125 e 90 euros para os tres
primeiros adultos clasificados, e de 125, 90 e 75 euros no caso dos
infantís.
Comparsas e carrozas
As mesmas categorías son as
que se convocan para a modalidade de comparsas, nas que os grupos terán que
estar formados por máis de cinco compoñentes. No caso dos adultos os premios
serán de 400, 300 e 200 euros para os máis votados, mentres que os máis novos
recibirán 200, 150 e 125 euros. A maiores se outorgará un premio á mellor
comparsa municipal dotado con 200 euros.
No caso das carrozas as estructuras
non poderán ter unha superficie superior aos 7 metros de longo, 3,5 metros de ancho e 4 metros de alto. Un ano
máis será esta a categoría que conte cos premios máis cuantiosos con 600 e 400
euros para as dúas mellores carrozas.
Ademáis, o Concello de Ordes tamén
concederá un premio Especial Simpatía, dotado con 150 euros, e sete premios
accesit de 100 euros cada un.
*