O Concello de Ordes ven de informar da apertura do
prazo de inscrición para participar nos cursos de lingua galega de cara á
obtención dos certificados dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. A duración dos cursos, organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, será de 70 horas lectivas.
Inscricións ata o 23 de xaneiro
Dende o Concello solicitase a
realización daqueles que teñan como mínimo 20 persoas inscritas. Para elo é
preciso pasarse pola Casa do Concello ata o 23 de xaneiro como data límite
e presentar unha fotocopia do DNI.
A asistencia ás clases preparatorias será gratuíta.
A asistencia ás clases preparatorias será gratuíta.
*