jueves, 24 de enero de 2013

Aberto o prazo para inscribirse no novo circuito cultural e deportivo de Ordes


Cursos de maquillaxe, creación de complementos, arte floral, danza oriental, cociña, informática e moito máis

Haberá bonificacións para discapacitados, maiores de 65 anos e familias numerosas

Prazo de inscrición ata o 8 de febreiro

O departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes presentou hoxe o seu programa dos novos circuitos culturais e deportivos. Durante os meses de marzo, abril e maio terán lugar as clases de maquillaxe e coidado persoal, iniciación á xoiería e bisutería, elaboración de xabóns artesanais, arte floral, danza oriental, chikung–taichi, creación de complementos, cociña para principiantes, así como a continuidade dos cursos de cociña xa iniciados. 

Para poder levar a cabo estas actividades será preciso un mínimo de 15 alumnos inscritos en cada unha delas.

Formación
 Por outra banda o Concello de Ordes tamén ten aberto xa o prazo para asistir a diversos cursos de formación. Ante a demanda rexistrada, as clases de informática acadan a maior parte deste programa. É imprescindible que cada unha destas actividades conte cun mínimo de 10 alumnos matriculados para poder iniciar as clases.

O Concello de Ordes ofrece unha serie de bonificacións en todas estas actividades para aquelas persoas interesadas que teñan un grao de discapacidade dun 33% como mínimo, para maiores de 65 anos, así como para os que proveñan de familia numerosa. Os pagos poderán realizarse nunha única cuota ou de xeito fraccionado.

Para apuntarse basta con entregar a ficha de inscrición que se obterá no consistorio e unha fotocopia do DNI. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 680 002 ou mesmamente solicitala no departamento de Cultura e Deporte.

*