O PSOE de Ordes solicitou onte a construción dunha senda
peonil de 1.410 metros na estrada DP 2405 Mesón do Vento-Cerceda ao seu paso
polo lugar de A Brea, parroquia de Ardemil, orzamentada en 175.216 euros.
Os socialistas presentaron onte unha
moción para o seu debate no pleno ordinario do vindeiro 31 de xaneiro e coa que
buscarán o apoio dos distintos grupos municipais para instar á Deputación provincial da Coruña a que inclúa esta senda peonil tan necesaria no seu plan
de seguridade viaria.
O
orzamento de execución material desta actuación ascende a 121.686 euros e o
orzamento de execución por contrata é de 175.216 euros.
Xesús Pedreira (PSdG-PSOE) |
As frases de Xesús Pedreira, portavoz do PSdG-PSOE de Ordes
Trátase dunha das travesías con maior número de poboación e vivendas nas súas marxes e pola que pasa a diario unha gran cantidade de tráfico rodado pola presenza da central térmica de Meirama, Sogama e o polígono industrial de Acevedo”
“A senda peonil tería unha anchura de 1,8 metros e complementaríase coa colocación das canalizacións de servizos urbanos previstos nun futuro de auga e rede de sumidoiros”
*