Xesús Pedreira preguntará no Pleno de mañá sobre os motivos que lvaron a Fenosa a interrompir o suministro eléctrico
Os socialistas tamén reclamarán melloras na ordenación da iluminación pública da vila
Iluminación e subministro eléctrico centrarán gran
parte das intervencións do PSOE de Ordes no pleno municipal de mañá xoves. Así, Xesús Pedreira preguntará no pleno polos motivos da interrupción
do subministro eléctrico á gardería municipal en días pasados, “o cal supuxo
unhas condicións precarias para os cativos, segundo as informacións que nos
aportaron os afectados, polo que é preciso que se expliquen xa as razóns que
levaron a Gas Natural-Fenosa a curtar o subminstro á gardería”.
Así mesmo, os socialistas pedirán unha mellor
ordenación da iluminación pública nas rúas de Ordes pois consideran excesiva a
iluminación dalgún puntos como, por exemplo, a avenida de Alfonso Senra. “Pensamos que
se poden apagar un de cada dous puntos e, aínda así, a iluminación sería máis
que suficiente”, apunta Pedreira Mirás.
Por outra parte, os socialistas solicitarán tamén
o arranxo dun muro de contención no punto quilométrico 27 da N-550, ao seu paso
polo Mesón do Vento, concretamente no lugar do campo da feira.
Un muro que se
derrubou co gallo da tormenta cicloxénica explosiva Gong e que aínda non foi
arranxado. “Queremos saber quen ten a responsabilidade do arranxo: Fomento ou o
Concello, e saber que pasos se están facendo para arranxar isto”, explica o
concelleiro socialista.
Por último, o PSOE de Ordes pedirá as sinaturas de
todos os concelleiros electos da corporación para instar ao Goberno a que
rectifique o anteproxecto de reforma da lei de Bases de Réxime Local.
Xesús Pedreira considera que esta lei “pretende reducir as competencias
municipais e centralizar nas Deputacións as competencias dos concellos
pequenos, o que suporá unha perda democrática e unha discriminación para o
medio rural”.
*