O tráfico será cortado na N-550 ao seu paso polo centro da vila entre as 16:00 e as 21:00 horas
Un ano máis os Reis Magos
de Oriente percorrerán as principais rúas do concello de Ordes. A visita terá lugar mañá a partir das 17:00 horas, momento no que dará comezo o
desfile pola avenida Alfonso Senra ata a antiga Casa Consistorial. Alí serán
recibidos por unha delegación municipal encabezada polo seu alcalde, Manuel
Regos.
Os Reis acudirán a Ordes cos seus
camellos, nos que transportarán agasallos, doces, caramelos e presentes para
todos que se acheguen a recibilos. Tal e como é costume o Concello de Ordes
habilitará unha carpa de máis de 400 metros cuadrados
na Alameda para facilitar o encontro entre os Reis Magos e os rapaces e rapazas.
Tamén haberá un Belén viviente no que se poderán contemplar instrumentos
e oficios tradicionais. Na estampa tamén haberá animais como porcos, burros,
galiñas, coellos, cisnes, cabras, canguros ou pavos reais entre outros.
Corte de tráfico
Ese día a Policía Local cortará o
tráfico rodado pola rúa Alfonso Senra dende as 16:00 ata as 21:00 horas. Os vehículos
en dirección A Coruña desviaranse polas rúas Lagartos e Galicia, mentres que os
que vaian cara a Santiago terán que circular polas rúas Rosalía de Castro e
Lagartos.
*