Os cursos de inciación á informática de Ordes contan cunha gran participación veciñal. |
Os cursos teñen lugar na aula de informática da Casa da Cultura
O Concello de
Ordes ven de emprender unha nova quenda dos seus cursos de informática.
Despois do curso de iniciación ofrécese a oportunidade de continuar aprendendo
o manexo de ferramentas tan importantes no día de hoxe como é internet, entre
outras.
Ao longo dos vindeiros meses a aula de informática ubicada na Casa da
Cultura albergará este curso de nivel usuario. Un espazo no que contan cos máis
avanzados equipamentos para poder acadar un maior rendimento durante as sesións
formativas. Ao remate deste curso os alumnos obterán un diploma acreditativo que
dará conta dos coñecementos adquiridos.
*