A pista permanece pechada ao tráfico dende o seu derrubamento a semana pasada. |
O suceso tivo lugar fai unha semana entre Meitufe e Porta de Nó e segundo os populares, o Concello de Ordes está "de brazos cruzados"
O Partido Popular de Ordes informou esta mañá de que unha semana
despois de que o temporal precipitase un derrubamento na estrada local que
enlaza os núcleos de Meitufe e Porta do Nó, en Leira, "Ordes, o Concello
continúa de brazos cruzados, mentres os
usuarios da vía se ven obrigados a efectuar rodeos de varios quilómetros para
sortear o punto afectado, que permanece pechado ao tráfico".
A pista
afectada é unha vía perimetral que discorre próxima á cola do encoro de San
Cosmade, que abastece á central térmica de Meirama.
O portavoz municipal do
Partido Popular, José Luis Martínez Sanjurjo, pregúntase se a pasividade que
amosa o Concello neste caso sería a mesma se o lugar e dos feitos os afectados
fosen outros.
As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Desgraciadamente,
o Concello de Ordes actúa de diferente xeito en función das incidencias que
xorden en cada momento e semella que, á vista da súa actitude, o rexedor
considera aos habitantes de algunhas zonas como veciños de segunda”
"A actitude do Concello de Ordes é impresentable e impropia dun concello democrático”
*