Estado actual da fachada leste da antiga Casa do Concello de Ordes. |
Os populares denuncian que o mal tempo e os problemas estructurais do edificio poden precipitar derrubamentos en ausencia
dunha estructura perimetral de protección
O Partido Popular de Ordes denunciou onte que a estructura
de andamios que rodeaba desde setembro a antiga Casa do Concello de Ordes
acaba de ser retirada pola empresa titular por impagamento dos traballos xa
realizados, dado que acumula unha débeda de 37.000 euros.
O Partido Popular de
Ordes denuncia que este feito constitúe o "enésimo despropósito do Concello", que
logo de acometer unha intervención que provocou "serios danos estructurais" no
edificio, agora "non é capaz de resolver a situación".
A retirada
da andamiaxe metálica perimetral pode conducir, en opinión dos populares de
Ordes, a males maiores, dado que sen esa protección, as inclemencias meteorolóxicas
desta época do ano, unidas ao delicado estado da estructura, poderían provocar desprendementos ou mesmo ao derrubamento de
parte do edificio.
A maiores, o edificio xa foi desprovisto de cuberta, polo
que as intensas chuvias que se rexistran durante estes meses poden agravar os
serios danos que presentaba a construcción.
Ademais, sempre segundo o PP, a
pasada fin de semana, a grúa situada ao carón do edificio en obras presentou
unha situación de elevado risco por mor dun bloqueo do seu rotor. A avaría inmobilizou
a capacidade da estructura para posicionarse automaticamente e minimizar os
efectos do vento.
Extremar a seguridade
Neste
escenario, o Partido Popular de Ordes esixe ao alcalde que asuma a súa
responsabilidade e extreme as medidas de seguridade no contorno do edificio,
para evitar que calquera desprendemento se poda traducir en lesións para as
persoas ou vehículos que podan transitar polas inmediacións.
O portavoz municipal
do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, trasladará este
asunto ao Pleno Municipal previsto para o xoves da próxima semana.
*