Xesús Pedreira: "Vista a cantidade de trafico pesado que aínda circula polo centro de Ordes, queda claro que de pouco ou nada serven os carteis que os invitan a circular pola Rolda Leste"
O PSOE de Ordes denunciou hoxe que algúns camións de
Sogama seguen a transitar polo centro da vila de Ordes, concretamente pola avenida de Alfonso Senra, coas molestias que isto supón para os veciños e veciñas do
municipio, tanto polos malos cheiros como pola presenza de tráfico pesado na
principal travesía ordense.
O concelleiro socialista, Xesús Pedreira, esíxelle
ao alcalde, Manuel Regos, que “dunha vez por todas tome medidas contundentes para
desprazar este tráfico de Sogama, e o resto de tráfico pesado, pola Rolda Leste
porque, do contrario, a súa construción e o gran investimento que supuxo non
terían sentido”.
Rampla de acceso á piscina do Muíño. |
Varanda de protección na piscina
Unha petición que o PSOE presentará no pleno
municipal deste xoves 31 de decembro, canda outra solicitude para a instalación
dunha varanda de protección nos accesos á piscina municipal do Campo da Feira.
Xesús Pedreira explica que “nas obras que se realizaron a principio de verán na
piscina construíuse unha rampla de acceso dende a rúa do Muíños, dun metro de
altitude e que carece de varanda de protección.
Tendo en conta que se trata
dunha zona moi concorrida pola veciñanza, ademais de estar na zona principal de
ocio nocturno en Ordes, antes de que haxa un accidente que teñamos que lamentar
é preciso que o Concello instale xa esta varanda”.
Por iso, os socialistas instarán ao alcalde a que instale sen máis demora unha varanda, aínda que só sexa provisional.
Por iso, os socialistas instarán ao alcalde a que instale sen máis demora unha varanda, aínda que só sexa provisional.
Xesús Pedreira (PSdG-PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro do PSdG-PSOE en Ordes
“Moitos veciños notificáronnos con indignación, e nós mesmos puidemos comprobalo, polo feito de que camións de Sogama segan transitando polo centro da vila cando a Ronda Leste é unha infraestrutura que foi construída en especial para sacar este tráfico da zona urbana”
“Vista a cantidade de trafico pesado que aínda circula polo centro de Ordes, queda claro que de pouco ou nada serven os carteis que os invitan a circular pola Rolda Leste"
"Tampouco se percibe que os gardas municipais fagan unha labor de información nas entradas e saídas á N.550 da Rolda, que non pretendemos que sexa permanentemente pero si con algunha regularidade”
*