Ponentes da xornada sobre cooperativismo, hoxe en Ordes. |
Manuel Regos destaca a
importancia da oficina que dende setembro asesora e presta
apoio gratutitamente na comarca de Ordes
Cun número que superou os 150
asistentes, está mañá desenvolveuse en Ordes a xornada sobre cooperativismo.
Unha iniciativa cuxo principal obxetivo é o de dar a coñecer un novo xeito de
poder desenvolver unha iniciativa laboral en tempos de crise.
Manuel Regos,
presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, foi o encargado
de abrir esta xornada e de dar a benvida a todos os asistentes.
Regos destacou
a importancia que estas cooperativas teñen en moitos sectores da comarca, como
se da no caso da actividade agraria e gandeira.
Tamén falaou da importancia e
labor que dende a oficina de cooperativismo, instalada nos baixos da Alameda, se
está a realizar dende a súa implantación no pasado mes de setembro, e que ata o
de agora posibilitou a apertura de dúas novas cooperativas.
Durante toda a mañá desenvolvéronse no auditorio da Casa da Cultura unha
serie de ponencias, charlas e encontros nos que se abordaron diferentes
aspectos do traballo que se ven realizando dende distintas cooperativas. O
traballo agrario, o traballo asociado ou a economía social foron algúns dos
aspectos dos que se falou ao longo da mañá.
Máis de 150 persoas seguiron as ponencias na Casa da Cultura. |
Participantes
Tamén se aportaron datos relevantes
que indican o posicionamento da comunidade galega nesta materia, a cal conta
cun total de 1.150 cooperativas e 90.000 persoas asociadas. Os responsables das
charlas e coloquios foron: Xoán Miguel Concheiro, subdirector xeral de
cooperativas e Economía Social; Ruth Rodríguez Ferreiro, técnico de Agaca e
Rosa Álvarez Fernández, técnico de Ugacota, son algúns dos nomes que
participarán neste encontro.
Tamén haberá mesas de traballo nas que as
cooperativas Nova Aseconia, Xesforesta e Monte Cabalar compartirán a súa
experiencia. A xornada pechouse cunha degustación de productos procedentes de
distintas cooperativas do territorio galego.
Exposición
Ademais, ata o vindeiro domingo poderase visitar de balde a exposición
Descubre as cooperativas, instalada no Museo do Traxe ubicado no Campo da Feira,
tamén na vila de Ordes. Alí unha serie de paneis informativos e de pantallas
interactivas resolverán calquera dúbida sobre as cooperativas.
Tanto a mostra como a xornada está
financiada pola Mancomunidade de Ordes, Eusumo, o Fondo Social Europeo e a
Xunta de Galicia.
*