O PSOE de Ordes presenta unha moción para revogar o acordo do Goberno central e para instar á Xunta a defender os
dereitos dos pensionistas
O PSOE de Ordes presentou hoxe unha moción para
instar ao Goberno central a revogar o acordo do Consello de Ministros do 30 de
novembro de 2012 polo que se decidiu non actualizar as pensións de 2012 de
acordo co IPC e suspender o dereito á revalorización das mesmas en 2013.
Por iso, o grupo municipal socialista vai
solicitar o apoio dos demais grupos municipais no pleno ordinario de xaneiro
para instar ao Goberno a anular a súa decisión, que consideran ilegal e que
está recorrida no Tribunal Constitucional, e esixirlle á Xunta de Galicia que
defenda os dereitos dos pensionistas galegos.
“Pedímoslle á Xunta que tome as
medidas políticas ou xurídicas que sexan necesarias e que antepoña os intereses
da cidadanía galega aos intereses partidarios”, sinala Xesús Pedreira, portavoz dos socialistas de Ordes.
Os socialistas explica que eses 464 euros que
perden os pensionistas ordenses corresponden á suma da paga compensatoria que
non van recibir en 2013 máis a perda anual que sufrirán ao non subírselles o
equivalente ao incremento do IPC.
“Como exemplo, unha viúva ou viúvo Ordense que cobra 631 euros ó mes vai deixar de
percibir 336 euros en 2013, ou un pensionista que teña agora unha pensión de
993 euros ó mes, corresponderíalle cobrar 546 euros en 2013, que non vai
percibir pola decisión ilegal do PP”, apunta o concelleiro ordense.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, portavoz municipal do PSOE de Ordes
“A non revalorización das pensións aprobada polo Goberno de Rajoy vai supor que os pensionistas ordenses perdan unha media de 464 euros o próximo ano"
"Tendo en conta a elevada porcentaxe de pensionistas en Ordes, esta decisión tamén prexudica ao comercio ordense, que xa está a sufrir pola crise con peches de negocios e despedimentos”.
"O real decreto
aprobado por Rajoy é un engano e unha traizón, pois demostra que o PP usou
pensionistas de Ordes como nenos pequenos ou como carne de canón, con enganos e
mentiras, adiantando as eleccións galegas para ocultar as medidas que ían levar
a cabo para vulnerar os seus dereitos”
*