Dependencias da Garda Civil na rúa República Arxentina de Ordes. |
O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro,
anunciou hoxe que o seu grupo defenderá unha moción no Pleno deste xoves na que
proporán que o Concello de Ordes inste
ao Goberno Central a pagar o custo do baixo da Garda Civil antes de tres meses, co
apercibimento de que en caso contrario desaloxarán á Garda Civil”.
Castro apoiou esta proposta no feito de que “Regos
afirmou que se no ano 2012 o Goberno Central non construia o cuartel ou non
pagaba o custo dese baixo, o Concello desolaxaría dese baixo á Garda Civil”.
Gonzalo Castro (BNG). |
As frases de Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes
"Resulta inadmisíbel que o
alcalde adiantase case 500.000 euros ao Goberno Central comprando e
acondicionando un baixo para a Garda Civil
“Non nos valen remendos como un
aluguer, xa que o Concello precisa de liquidez para resolver desaguisados como
a obra da Casa Consistorial e debe recuperar a totalidade da inversión feita
nese baixo”
"Resulta lamentábel que o alcalde de Ordes leve cinco anos mentindo aos veciños de Ordes
co asunto do Cuartel da Garda Civil, facendo pagar aos veciños e veciñas de
Ordes o Cuartel da Garda Civil, cando é o Goberno Central quen ten a obriga de
financialo.
*