O PSOE de Ordes presentou hoxe unha moción na que
solicitará o apoio dos distintos grupos políticos municipais para instar á
Xunta de Galicia a manter o financiamento para o mantemento do servizo de prevención
de drogodependencias na comarca de Ordes.
O servizo de prevención de drogodependencias, prestado de xeito mancomunado nos sete concellos a través da Mancomunidade de Ordes, atendía anualmente a máis de 1.500 rapaces e rapazas da comarca de Ordes.
Durante o último trimestre de 2012, chegou a un total de 1.509 rapaces e rapazas: 563 de Oroso, 420 de Ordes, 162 de Cerceda, 116 de Mesía, 100 de Trazo, 92 de Tordoia e 56 de Frades.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira, portavoz municipal do PSOE de Ordes
“Durante anos, a intervención terapéutica foi o obxectivo prioritario na
loita contra as drogas e durante esta última década comprobouse que é máis
eficaz, e ata máis rendible, previr para que o problema non se chegue a
producir que intervir unha vez que o problema xa está presente”
“É imprescindible seguir mantendo os orzamentos e estes programas
de prevención que o goberno do Partido Popular está a desmantelar, co risco que
supón para a saúde de moitos mozos e mozas da nosa comarca”
“Estamos falando de
educación para a saúde, de educar aos nosos fillos e fillas para que aprendan a
enfrontarse á vida e as súas diferentes situacións sen necesidade de recorrer
ás drogas. E para iso é importante actividades como as que se estaban levando a
cabo na comarca de formación en valores, hábitos, actitudes e habilidades
persoais e sociais”
*