Gonzalo Castro xustifica esta proposta na “discriminación e abandono que sufre o noso concello por parte da Xunta de Galiza desde a chegada do PP ao goberno”
O portavoz do
BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou onte que o BNG presentará unha moción para o
seu debate polo próximo Pleno, na que proporán que Corporación declare ao
actual presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijóo, “persoa non grata”
no Concello de Ordes.
Castro
xustificou esta proposta pola “discriminación e abandono que sufre o noso concello por
parte da Xunta de Galiza desde a chegada do PP ao goberno galego, no ano 2009”.
O portavoz dos
nacionalistas ordenses afirmou que “nos sucesivos orzamentos da Xunta, desde que Feijóo é
presidente, en Ordes vimos como non se investía prácticamente nada por parte do
goberno autonómico no noso municipio, e que incluso proxectos aprobados polo
anterior goberno bipartito eran totalmente paralizados, como a estrada de Ordes
a Cerceda, as melloras de saneamento e abastecemento ou as actuacións pendentes
para o remate das concentracións parcelarias”.
Castro lembrou
que “incluso a
Rolda Leste, que quedou comprometida polo bipartito sufriu continuos retrasos,
polo intento do goberno do PP na Xunta de boicotear a súa execución”.
O portavoz do
BNG salientou que “de
novo, nos primeiros orzamentos aprobados polo goberno de Feijóo nesta
lexislatura, os do exercicio 2013, o Concello de Ordes volve a quedar excluido
dos plans de investimento da Xunta, reiterando a discriminación que levamos
padecendo nos últimos catro anos”.
Castro afirmou
que “os veciños de
Ordes están a sufrir as consecuencias de políticas revanchistas por parte
goberno do PP na Xunta, que proceden únicamente da división da dereita
ordense”.
Gonzalo Castro (BNG). |
“Ordes
é o Concello de máis de 10.000 habitantes que menos investimento recibiu da
Xunta durante os últimos catro anos, e o alcalde, en lugar de plantar cara a esta
situación, actua cun silencio cómplice que fai sospeitar que o único que lle
interesa é manter abertas as portas de regreso ao PP, unha actitude que
demostra que o alcalde de Ordes está máis preocupado do seu futuro político que
de defender os intereses dos seus veciños”
“Desde o BNG agardamos que o Pleno da Corporación Municipal apoie
esta moción de reprobación do comportamento inaceptábel do Presidente da Xunta,
e o declare persoa non grata no noso Concello, ao discriminar aos veciños de
Ordes por oscuros intereses partidistas”
*