A asistencia é gratuíta, se ben é preciso rexistrarse no teléfono 981 680002 ou a través do enderezo electrónico: manuel.pena@ordes.dicoruna.es
Ordes acollerá durante esta semana unha xornada e unha exposición sobre o fomento do
cooperativismo organizadas pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da
Dirección Xeral de Relacións Laborais, e que conta coa colaboración da
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, da Rede Ensumo e da Unión
Europea.
Dúas iniciativas gratuítas que teñen como obxectivo divulgar os
valores cooperativos entre persoas desempregadas, emprendedoras, institucións
públicas e privadas e, en xeral, entre calquera persoa interesada.
Casa da Cultura
A Xornada sobre
Cooperativismo terá lugar o mércores 30 de xaneiro, entre as 09:30 e as 14:00
horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Ordes.
A asistencia é libre e de
balde, se ben é preciso anotarse previamente na Oficina de Fomento do
Cooperativismo, no teléfono 981 680 002 ou a través do e-mail manuel.pena@ordes.dicoruna.es. O prazo de inscrición remata do 29 de xaneiro.