A comitiva real ao seu paso polo centro da vila de Ordes. |
Melchor, Gaspar e Baltsar foron aclamados por máis de 4.000 persoas nas rúas da vila
Un ano máis os Reis Magos de
Oriente percorreron as principais rúas do Concello de Ordes, onde foron
vitoreados e aclamados por máis de 4.000 persoas.
O alcalde Manuel Regos acompaña aos Reis Magos ao seu paso por Ordes. |
Percorrido pola vila
Pasadas as 17:30 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos por unha delegación municipal
encabezada polo alcalde, Manuel Regos, despois de que fixeran un
percorrido pola avenida Alfonso Senra.
O alcalde Manuel Regos dirixe unhas palabras aos internos da residencia de maiores de Ordes. |
O alcalde Manuel Regos axudou aos Reis Magos a facer o reparto de agasallos entre os maiores de Ordes. |
Residencia de maiores
Antes, os Reis de Oriente visitaron aos internos da residencia de maiores de Ordes.
En todo momento os Reis Magos estiveron escoltados por unha
comitiva composta de lanceiros, cabaleiros así coma de numeroxos paxes,
pastores e outros personaxes. En total hai que falar de preto de cen participantes entre figurantes, actores e organizadores.
Os Reis acudiron a
Ordes cos seus camellos, nos que transportaron agasallos, doces, caramelos e
presentes para todos que se achegaron a recibilos.
A carpa da Alameda acolleu a sala de audiencias dos Reis Magos de Oriente. |
Belén viviente
Tal e como é costume o Concello de Ordes habilitou unha carpa de máis de
400 metros cuadrados na Alameda onde se instalou o tradicional Belén
vivinte. Baixo ela tivo lugar o encontro
entre os Reis de Oriente e os rapaces e rapazas do municipio e doutras
localidades próximas.
*