Martínez Sanjurjo considera necesario "escenificar a unidade das forzas políticas" fronte á violencia
Os populares condenan as actividades da banda Resistencia Galega
O Partido
Popular de Ordes trasladará ao pleno municipal de mañá unha moción na que propón que a totalidade da corporación exprese o seu
rexeitamento a calquera tipo de terrorismo por atacar os fundamentos da
convivencia democrática e por en risco a integridade física dos galegos e
galegas, condenando especificamente as actividades de Resistencia Galega.
Con esta
moción, o Partido Popular pretende expresar, ademais, o apoio e recoñecemento
ao labor que desenvolven os corpos e forzas de seguridade do Estado na loita
contra o terrorismo en Galicia e reiterar o compromiso inquebrantable coas
fórmulas de participación política, as únicas aceptables e compatibles co
sistema democrático.
Ataque á sede do PP
O 13 de xulo do 2011, a sede local
do PP de Ordes foi obxecto dun atentado que
se saldou con graves danos materiais. Noutros lugares de Galicia, téñense rexistrado, nos últimos
anos, con anterioridade e posterioridade a esa data, feitos similares
atribuídos, na maior parte dos casos, ao grupo Resistencia Galega.
Neste
escenario, o portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez
Sanjurjo, considera necesario escenificar a unidade de todas as forzas
políticas democráticas para reiterar o rexeitamento a calquera forma de
violencia e trasladar o apoio inquebrantable aos membros dos corpos e forzas de
seguridade que, co seu traballo, contribúen e protexer ao conxunto da sociedade.
*