Reformas de novo asfaltado e arranxo de beirarrúas na rúa Casabella. |
Manuel Regos: "O Goberno municipal aposta por continuar cunha política de investimento en infraestructuras, porque é o mellor xeito de contribuir ó avance do noso municipio e da súa xente"
O Concello de Ordes ven de emprender
unha serie de intervencións que suporán unha mellora nun importante número das
rúas do seu núcleo urbán. O orzamento é de perto de 328.000 euros cun prazo de execución aproximado de tres meses.
As beirarrúas e pavimento da rúa Galicia están sendo arranxadas e
melloradas así como os cruces e
interseccións ubicadas na zona. Tamén estase a instalar unha rede de alcantarillado nova.
Tamén na rúa Casabella e Camposanto estanse a levar obras deste tipo.
Concretamente un novo asfaltado e melloras nas interseccións, así como do arranxo das
beirarrúas. No caso da rúa Nova tamén se está a repasar o asfaltado ademais de
arranxar os desperfectos que se localizan nas beirarrúas en ambas mans.
Rúa Galicia. |
Rúa Galicia. |
Rúa Casabella
Ademais de todo isto, agás na rúa Casabella, en cada unha destas
travesías vaise a instalar un novo sistema de iluminación. Desta maneira
subsanaranse os problemas que ata o de agora se viñan dando coas antigas
farolas alí instaladas.
Tamén se subsanará o desnivelado que presentan
moitas arquetas instaladas no centro da vila, así como de repintar moitas das
súas rúas.
Desglosando o montante total preto de 120.000 euros destinaranse ao cambio dos elementos de iluminación exterior. 146.000 para as intervencións da rúa Galicia. No caso de Casa vella e Camposanto destinaranse algo máis de 126.500 euros, mentres que na rúa Nova empregaranse preto de 12.500 euros. Para a recolocación das arquetas e o repintado das rúas investiranse pouco máis de 23.000 euros.
Manuel Regos, alcalde de Ordes. |
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Se trata duns cartos que
redundan no beneficio dos veciños e veciñas de Ordes e que se invisten para dar solución
a moitos inconvintes que ata o de agora viñan padecendo os residentes e
transeúntes”
"O Goberno de Ordes aposta por continuar cunha política de investimento en pro das
infraestructuras do noso municipio, porque é o mellor xeito de contribuir ó
avance do noso municipio e da súa xente”
*