Os participantes poderán coñecer, entre outras localidades, Santillana del Mar (arriba na foto). |
A viaxe terá lugar do 21 ao 24 de febreiro e o seu custe ascende a 160 euros
Inscricións ata o 8 de febreiro na Casa do Concello
O Concello de Ordes pon a
disposición de todos os seus veciños con idades comprendidas entre os 18 e os
35 anos unha nova actividade de acción. ‘Multiaventura en Cantabria’ ofrece a
posibilidade de desfrutar dunha xornada no parque multiaventura de Cabuerniga,
ademais de poder levar a cabo rutas de sendeirismo e visitas guiadas a
localidades como Santillana del Mar, Comillas, Torreavega, San Vicente de la Barquera ou Potes entre
outras.
A viaxe terá lugar do 21 ao 24 de febreiro e o seu custo ascende a 160
euros. Un importe que inclúe tanto o aloxamento nun hotel de 3 estrelas como a
pensión completa.
Inscricións
Aquelas persoas que estén interesadas poderanse inscribir dende o
próximo luns día 28 ata o 8 de febreiro na Oficina
Municipal de Información Xuvenil, situada no primeiro da Casa do Concello.
Máis
información nos teléfonos 981 680 002.
*