Os sete alcaldes da Mancomunidade e o director xeral de Traballo, onte no Museo do Traxe. |
Pretende impulsar o cooperativismo como fórmula de autoemprego
Coa presenza do presidente da Mancomunidade e alcalde de Ordes, Manuel Regos, dos outros seis alcaldes do órgano supramunicipal e do director xeral de Traballo e Economía Social,
Odilo Martina, na mañá de onte inaugurouse a mostra Descubre as cooperativas.
Composta por unha ampla serie de paneis informativos e grandes pantallas
interactivas poderá visitarse de balde ata o vindeiro domingo no Museo do
Traxe.
Con esta iniciativa preténdese incidir na posibilidade de constituir
unha cooperativa como unha alternativa o autoemprego “sobre todo no ámbito rural.
Actualmente son moitas máis as cooperativas que se constitúen que as que pechan”,
tal e como salientou Martiña.
O director xeral tamén destacou o cuarto
lugar que actualmente ocupa Galicia con respecto ás persoas que traballan baixo
a fórmula das cooperativas. Neste sentido destacan as cooperativas de servizos,
que xunto coas textís, as agrarias e as de transporte son as máis
representativas da comarca de Ordes.
Oficinas de fomento ao cooperativismo
Na inauguración da mostra tamén se fixo unha especial mención ás
oficinas de fomento ao cooperativismo, que no caso de Ordes está constituida
dende o pasado mes de setembro nas dependencias da Mancomunidade, nos baixos da
Alameda de Ordes.
“Unha das maiores ventaxas e puntos fortes destes dezasete centros
espallados por noventa concellos de toda Galicia é o servizo de asesoremento e a
creación do plan de empresa que se ven realizando.
*