Será o turno das categorías alevíns e benxamíns
A Cidade Deportiva de
Vista Alegre acollerá mañá unha nova cita do IX Torneo de Fútbol 8 Concello de
Ordes. Nesta ocasión será o turno para os xogadores das categorías alevíns e
benxamíns.
A cita arrancará a primeira hora da mañá e
terá continuidade ao longo de todo o día, estando prevista a entrega de trofeos
para as 20:45 horas.
Nesta ocasión os equipos participantes serán: San Tirs,
Arteixo. Visantoña, Bertamiráns, Olímpico, Victoria (A Coruña), Luis Calvo,
Tordoia, Val do Ulla, Xuventude Oroso, Ural, Cambre, Once Caballeros, Cerceda,
Laracha, Conxo, Deportivo e os equipos A e B da S.D. Club Órdenes.
*