Ánxeles Rodríguez, do Clube Atetismo Ordes, facendo entrega dos alimentos ao alcalde, esta mañá en Ordes. |
Foron entregados ao alcalde para o seu reparto entre as familias que os necesiten
Un total de 100 quilos de
alimentos foron os que se recadaron por parte dos participantes e público
asistente ao VI Cross Ambiental e III Andaina Concello de Ordes Memorial Xosé Estebo, disputado o pasado día 1.
Esta mañá, Ánxeles Rodríguez, representante do Clube Atletismo Ordes promotor desta iniciativa, fixo entrega
de todo o lote ao alcalde, Manuel Regos e ao concelleiro de Deportes, Roberto
Iglesias, para que se responsabilizaran no seu reparto entre as familias máis
necesitadas do municipio.
Regos agradeceu o esforzo
tanto da veciñanza nesta campaña como do Clube Atletismo Ordes á hora de
emprender esta iniciativa “nun momento no que todos temos que arrimar o
hombro”.
*