martes, 6 de mayo de 2014

O Alpa Ordes, a piques de converterse en campión da liga local de fútbol sala

Os xogadores do Alpa Ordes, actuais líderes da Liga Local de Fútbol Sala.
A gañador participará na Liga Intercomarcal que terá lugar en Teo

Os partidos xóganse cada xoves e venres no pavillón Campomaior

A V edición da Liga Local de Fútbol Sala de Ordes, onde participan unha ducia de equipos do municipio está a piques de rematar. A Liga, que xógase todas as noites de xoves e venres entre as 21:300 h. e as 00:15 horas no pavillón do CEIP Campomaior, rematará cun campión que xogará, por primeira vez en representación do concello de Ordes na Liga Intercomarcal que terá lugar en Teo. 

O campión ordense afrontaráse así, a outros equipos gañadores de ligas similares de Santa Comba, Frades, Tordoia, Negreira, Arzúa, Touro e Vedra, entre outros municipios.

A liga está liderada polo equipo do Alpa Ordes, con 53 puntos, seguidos do Mesón de Deus (50) e Inter Ordes (41).

Próximos encontros
Os encontros desta semana serán: 
Xoves 8 de maio: Inter Ordes-O Mercado (21:30 h.); Mesón de Deus-Trasmonte (22:15 h.); e Joints-Leira, F.S. (23:00 h.)

Venres 9 de maio: Kebab Team-Verano Azul (21:30 h.); Rodeo-Alpa Ordes (22:15 h.); e Exca Marcos-Intermitente (23:00 h.).

A Liga Local de Fútbol Sala de Ordes pode seguirse a través deste enlace.

*