Os hostaleiros ordenses repartíron máis de 7000 quilos de champiñón
A Feira
Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expo Ordes superou as súas expectativas
e arredor de 35.000 persoas se achegaron ata a vila de Ordes a visitar a mostra.
A primeira
xornada estivo adicada aos empresarios e autónomos do municipio, a quen se lles
ofreceu un viño de honra tras a inauguración oficial. Unha cita na que o alcalde, Manuel
Regos, destacou “o carácter de promoción dos productos agrícolas galegos co que
se planteou esta nova edición de Expo Ordes, sen esquecerse dos demais
sectores”.
Productos agrícolas galegos
No segundo día de celebración o foco de atención
estivo especialmente orientado ás cooperativas galegas, realizándose catas e
degustacións de queixos, requeixos, froitas, patés, embutidos, empanadas etc,
no espazo especialmente habilitado polo Consello Regulador de Cooperativas
Galegas.
Un protagonismo que neste segundo día se compartiu ademais coa
Mancomunidade de Ordes e coas asociacións de diversidade funcional.
O ambiente máis festivo viviuse no día de
hoxe grazas á XXV Degustación do champiñón. En total foron máis de 7.000 kilos
de champiñóns os que se prepararon en máis dun cento establecementos hostaleiros
da vila.
*