domingo, 4 de mayo de 2014

Éxito de corredores no VI Cross Ambiental de Ordes


O gañador na proba absoluta foi Saúl Zúñiga, de Ponteareas

Máis de 500 corredores de todas as idades déronse cita na tarde do pasado xoves no Campo da Feira para desputar o VI Cross Ambiental e a III Andaina Concello de Ordes Memorial Estebo José. Unha competición na que os atletas completaron distintos percorridos que foron dende os 100 ata os 9.500 metros.

O gañador na proba absoluta foi Saúl Zúñiga, de Ponteareas, mentres que na modalidade feminina o primeiro posto foi para a estradense Isabel Sáez



Gañadores en outras categorías
De 0 a 4 anos os primeiros en atravesar a liña de chegada foron Manuel González (Ordes) e Laura Sánchez (Cambre). Na categoría de 5 a 8 anos, Anxo Barreiros (Ordes) e Sofía Dodman (Teo) foron os vencedores indicutibles, mentres que na proba de 9 a 12 anos os premios obtivéronos Iván Suárez (Ordes) e Noelia Sánchez (Friol). 


Entre os asistentes á proba atopábase o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, quen destacou o nivel de participación e o incremento de participantes co respecto ao ano pasado, que se contabilizaron en preto de 400 atletas.


*