Visitantes na Mostra que se pode visitar en Sigüeiro. |
A VII Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes
O centro cultural Fernando
Casas e Novoa de Sigüeiro continúa coa VII Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de
Ordes. Unha cita promovida e organizada pola Mancomunidade de Ordes e que se
poderá visitar ata o próximo venres.
A mostra persegue achegar a faceta máis creativa e artística
dos seus veciños. Á par póñense en coñecemento novas alternativas de
ocio existentes na comarca das que se pode chegar a formar parte.
Participantes
Entre as organizacións, asociación e grupos de traballo que cederon as súas creacións e tra traballos manuais esta ano figuran: Obradoiro Municipal de Traballos Manuais e Pintura do Concello de Cerceda, Obradoiro Municipal de Traballos Manuais do Concello de Frades, Obradoiro Municipal de Coiro e Costura do Concello de Mesía, Obradoiro Municipal de Debuxo e Pintura do Concello de Ordes, Unidade Galega de Veciños e Mulleres Rurais de Montaos (Ordes), Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes e Asociación Veciñal ‘O Cruceiro’ de Beán (Ordes).
Tamén participan o Curso de Habilidades Sociais para Persoas con Discapacidade do Concello de Ordes, Obradoiros Municipais do Concello de Oroso (traballos manuais, debuxo e pintura, fofuchas, patchwork, labores, candeas e xabóns), asociacións veciñais ‘Penateixa’, ‘Garga Trasmonte’e ‘Pena do Tesouro’ (Oroso), Asociación Andaina Pro Saúde Mental (Oroso), Asociación de Mulleres ‘Pedralonga’ (Tordoia) e a Asociación de Mulleres de Trazo e Patcwork embutido (Trazo).
*