martes, 3 de junio de 2014

O PSOE presenta unha proposición ao Congreso en Madrid para a cesión da estación da Pontraga

A cesión estaría condicionada a sea utilización "para fines de tipo social, turístico, cultural e dinamizador de Ordes" 

A deputada socialista Paloma Rodríguez presentou o pasado 29 de maio ante a Mesa do Congreso dos Deputados en Madrid unha proposición non de lei sobre a cesión da titularidade da estación da Pontraga ao Concello de Ordes.

No seu escrito, a deputada argumenta que durante a fase de acondicionamiento do edificio central, con data de 4 de marzo de 2009, o Concello de Ordes solicitou a cesión dos terreos aledaños á estación adscritos ao Concello co obxecto de proceder á súa posterior utilización como ben público e histórico da vila.

Meses despois, en decembro do 2009, o Concello iniciou conversas co responsable da dirección patrimonial de Adif, Miguel Ángel Ferrero, co obxecto de estudiar a posibilidade de modificar o convenio e poder transmitir a sea titularidade ao Concello de Ordes.

Crise económica

A tenor da deputada, "los actuales momentos de crisis económica que atravesamos impiden que el Ayuntamiento de Ordes cuente con el presupuesto suficiente para afrontar el abono del importe anual acordado inicialmente con ADIF por el arrendamiento de la antigua Estación de Pontagra ya que las inversiones en el municipio deben dar respuesta a diversas e importantes problemáticas presentadas por la población local". 

Así por último, a socialista solicita a súa cesión ao Concello "con el compromiso de que su utilización se dedique a fines de tipo social, turístico, cultural y dinamizador del bienestar y la economía por parte de este Ayuntamiento".

*