viernes, 30 de mayo de 2014

O BNG denuncia a 'pinza' entre UxO e PSOE para rexeitar as súas propostas de redución de gastos

Os nacionalistas procuraban o equilibrio financeiro do Museo do Traxe e Radio Ordes, a renuncia ao aluguer da estación da Pontraga, a transformación da zona ORA en zona azul gratuíta e a xestión directa da recaudación de impostor municipais

O BNG de Ordes denunciou hoxe que o pacto entre UxO e PSOE, rexeitou a urxencia dunha proposta do BNG para reducir gastos superfluos no Concello de Ordes.

A proposta formulada polo voceiro nacionalista, Ramiro Recouso, consistía na adopción dunha serie de medidas como, entre outras, a procura do equilibrio financeiro no Museo de Traxe, que volve a xerar 46.300 euros de déficit no 2014. 

A procura tamén dun equilibrio financeiro en Radio Ordes que evite un déficit de 55.000 euros e a renuncia ao aluguer da antiga estación de ferrocarril, por 12.000 euros, mais gastos de mantemento, si ADIF non cede gratuitamente a súa propiedade.  

Zona ORA
A transformación da zona ORA por zona Azul Gratuita. Outra das propostas era sacar a concurso a concesión do mantemento eléctrico do municipio, concesión que leva caducada desde finais dos anos 90 e que se lle está renovando bianualmente á empresa concesionaria. 

Tamén se propoñía que o Concello xestione directamente a recadación dos tributos municipais, cedida á Deputación, que lle cobra ao Concello 160.000 euros por gastos de xestión.


Aínda que a urxencia da moción foi rexeitada por UxO e PSOE, o edil nacionalista transformouna en rogos in voce, polo que o alcalde, Manuel Regos, se viu na obriga de debater as propostas de resolución e posicionarse sobre as mesmas, rexeitandoas unha por unha.

*