Pedreira: "As cunetas están cheas de xestas e de toxos de gran tamaño que supoñen un elevado risco de lume"
Os socialistas de Ordes denunciaron hoxe o pésimo estado
de conservación no que se atopan as cunetas da estrada Nacional 550 ao seu paso
polo Concello de Ordes, que se une ao pésimo estado de conservación do firme
desta estrada en xeral.
Por esa razón, os socialistas presentarán este
mércores unha moción ao pleno municipal na que instan á Demarcación de Estradas
do Estado en Galicia a que faga a limpeza das cunetas da N-550 canto antes e de
xeito preventivo, xa que está a comezar a tempada de lumes.
Pequenas actuacións
Así mesmo, os socialistas aproveitarán a sesión
plenaria deste mércores para solicitar unha cuneta na rúa Coruña que evite que
as augas pluviais vaian pola estrada. Ademais, os socialistas tamén lle
solicitarán ao Concello que realice diversas actuacións de mantemento e
reparación dos parques infantís do municipio, tanto na Vila de Ordes como nas
parroquias.
Por último, os socialistas pedirán a colocación
das placas identificadoras da rúa Canteira, o cambio dos escudos nas sinais
existentes na intercesión desta rúa coa N-550 e que se intensifique a recollida
dos residuos urbanos durante a celebración da vindeira Expo Ordes, pois a
Agrupación Socialista de Ordes recibiu varias protestas de veciños/as do Campo
da Feira pola falla de recollida do lixo o sábado, intre no que os colectores
estaban cheos e tiveron que deixar o lixo fóra.
As frases de Xesús Pedreira, voceiro municipal do PSOE de Ordes
“A pesar das nosas protestas, o ano pasado xa non se desbrozaron as cunetas, que este ano están cheas de xestas e de toxos de gran tamaño que supoñen un elevado risco de lume agora que se achega o verán”