O prazo remata o 5 de xuño
O
departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes informou o pasado martes que ata o 5 de
xuño permanecerá aberto o prazo para inscribirse no programa de turismo social
do IMSERSO. Para poder optar a iso
deberán ser residentes en España e ter
como mínimo 65 anos cumpridos, ser pensionista de xubilación do Sistema Público
de Pensións, pensionista de viuvez cunha idade igual ou superior aos 55 anos,
ou ben pensionistas de incapacidade ou doutro tipo con 60 anos cumpridos.
En
todo caso, os solicitantes deberán valerse por si mesmos e non padecer
alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Entre as
opcións a visitar este ano ofrécese a posibilidade de achegarse a Andalucía,
Cataluña, Murcia, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Canarias ou realizar
turismo de natureza e circuítos culturais.
Solicitudes
Para tramitar as solicitudes basta con
achegarse ao departamento de Servizos
Sociais do Concello de Ordes, situado nos baixos da Alameda.
Deberán achegar a solicitude
debidamente cuberta, unha fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe
ou acompañante se procede e un xustificante da pensión que se percibe.
Máis información no teléfono 981680002.
*