Pedro Luis Pérez, xerente de Gas Natural Fenosa, e Manuel Regos, onte en Ordes. |
A vintena de usuarios na aula adaptada do Mesón do Vento serán os beneficiados deste acordo
O Concello de Ordes e a
empresa Gas Natural Fenosa sainaron onte un convenio de colaboración mediante o cal
a empresa enerxética fai entrega de 15.000 euros para o desenvolvemento do
Curso de Habilidades Sociais para Persoas con Discapacidade que se leva a cabo
na aula adaptada do Mesón do Vento e da que forman parte unha vintena de
usuarios.
O acordo foi formalizado polo alcalde de Ordes, Manuel Regos, e polo xerente de Gas Natural Fenosa,
Pedro Luis Pérez, nun acto levado a cabo no salón de actos ubicado no baixos da
Alameda.
*