Estado da pista de Trillán, en Buscás. |
Solicitaron diversos arranxos que ao seu xuízo, foron responstados polo Grupo de Goberno con arrogancia e "cobardía política"
O Grupo municipal do PP de Ordes manifestou hoxe que o grupo de Goberno de Ordes deu resposta onte, "cunha chulería inadmisible para os
cargos públicos", a parte dos rogos formulados polo PP "para arranxar algunha das
diferentes carencias que os veciños veñen demandando deste hai meses ante a
indiferenza municipal".
Espello convexo deteriorado en A Canle (Buscás). |
Facéndose
eco das demandas que lle trasladan os veciños a cotío, o Grupo Municipal do PP
aproveitou o Pleno ordinario de maio para reclamar que o Concello atenda
necesidades como o desbrozamento das pistas da rede de camiños de concentración
parcelaria, o arranxo de
fochancas en diferentes puntos da rede
viaria municipal e a substitución dun espello convexo de tráfico en A Canle
(Buscás) que xa non cumpre a súa función polo deterioro que presenta.
Seguridade nunha ponte sobre o Lengüelle
O
grupo que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou tamén que o Concello de
Ordes arranxe a Ponte de Raña sobre o río Lengüelle, en Montaos, moi
deteriorada e con riscos para a seguridade dos seus usuarios; que amplíe a
capacidade da marquesiña que utilizan os nenos de Vilagudín (Lesta) para
agardar o transporte escolar; que se conecte a aldea de Vilagudín á rede de
abastecemento de Tordoia, situada a 400 metros, previo acordo co Concello
veciño; e que se arranxen os desperfectos que presentan as beirarrúas da rúa
Campeiras, no núcleo urbano de Ordes.
Fronte
ás demandas trasladadas polo PP, aseguran que a tenente de alcalde respondeu en moitos dos
casos cunha arrogancia impropia dun responsable público que ten entre as súas
obrigas a de atender as necesidades dos cidadáns, argumentando baixo o pretexto
da “toma en consideración”, que as obras reclamadas se farán só se o Goberno
local o estima oportuno, “cando o decida o Goberno”.
A xuízo do Partido Popular, o tono e as respostas ofrecidas pola voceira do equipo de
Goberno de Ordes poñen de manifesto a súa incompetencia, por non terse
corrixido a tempo unhas carencias das que xa tiñan coñecemento; pero tamén unha
“inmensa soberbia”, demostrando que lles molesta que o PP se convirta en
altofalante dos veciños.
En
opinión do portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o
silencio do alcalde, que volveu agocharse en lugar de responder ás necesidades
dos veciños, acredita de novo a “covardía política dun rexedor que se parapeta na
hipocresía de Silvia Marín por carecer de argumentos que ofrecer a uns veciños
que están fartos de evasivas”.
*