Inscricións ata o 23 de maio no teléfono 630199594
A
parroquia de Ardemil acollerá os vindeiros 6 e 7 de xuño a IV Xuntanza Cabalar.
Unha convocatoria que este ano por primeira vez se inclúe dentro do Campionato
Galego de Velocidade e que novamente está organizada pola Asociación Cabaleiros
de Ardemil.
O primeiro día de celebración haberá
touciño entrefebrado de balde para todos a partir das 20:00 horas. O sábado a
xornada dará comezo a partir das 10:00 horas coas probas de bestas e cabalos
cruzados. Xa ás 11:00 horas levarase a cabo unha saída en ruta e ás 12:30 horas
oficiarase unha misa na honra a Santo Antonio.
Gran xantar popular
Para as 13:30 horas está
previsto un gran xantar popular con produtos típicos como lacón asado e patacas
estufadas. Os interesados en asistir deberán reservar a súa praza ata o 23 de
maio como data límite, cuns prezos de 11 euros para os cabaleiros e de 13 euros para
o resto de comensais.
De cara ás 16:00 horas disputarase un
concurso de barrís e unha hora máis tarde arrancará a carreira e as probas de
andadura de trotadores. O grupo Entreamigos ofrecerá un espectáculo ecuestre
para todo o público asistente, quen tamén poderá obter agasallos sorpresa,
divertirse no touro mecánico e os máis pequenos desfrutar de paseos a cabalo
gratuítos.
Aqueles que decidan participar tanto nas
competicións como no xantar popular poden realizar a súa inscrición a través do
teléfono 630 199 594.
*