Un momento da celebración do pleno municipal, note nos baixos da Alameda de Ordes. |
A aplicación da lei obrigaría ás comisións de festas a facer proxectos de seguridade, estructuras, contratar seguros, e moita documentación que cifran nuns 2000 euros
O pleno da Corporación municipal de Ordes acordou
onte instar ao conselleiro de Economía e Industria a derogación do artigo 41 da
Lei 9/2013 de 19 de decembro do emprendemento e da competitividade económica de
Galicia.
Unha medida “da que somos coñecedores e que sabemos que acarreará
moitos inconvintes ás comisións, polo que queremos facilitarlle o traballo o
máximo posible dende o Concello”, mnifestou a voceira do goberno, Silvia Marín.
Según a moción presentada polo PSOE “isto acarreará uns gastos aproximados de
máis de 2.000 euros e causará un conflicto ás comisións das festas parroquiais
ao obrigarlles a presentar proxectos de seguridade e instalacións, contratar
seguros que e a instalación de
escenarios e estructuras móbiles, entre outros aspectos”.
Un texto ao que se
lle engadiu unha emenda presentada polo BNG na que se acorda a colaboración do
Concello coas comisións na elaboración dunha documentación estándar para
abaratar custes.
Finalmente todos aprobaron a medida excepto o PP que se
abstivo alegando que moitas das medidas recollidas na normativa xa estaban
vixentes con antelación, “polo que non se pode solicitar a derogación de aínda
que sí se recoñece a necesidade de facilitar o máximo posible a labor das comisións
na organización das festas”, precisou o voceiro popular, José Luis Martínez Sanjurjo.
Por unanimidade tamén se
acordou solicitarlle a Demarcación de Estradas do Estado a executar a limpeza
das cunetas da N 550 ao seu paso por Ordes, sobre todo tendo en conta que o ano
pasado non se levou a cabo dita limpeza co risco de incendio que isto suporá de
cara á tempada de verán.
A moción presentada polos socialistas tamén lembra a
responsabilidade do mantemento do firme e do asfaltado na estrada nacional, o
cal está enormemente deteriorado. Outra medida que contou coa aprobación de
todos os grupos foi a que presentou o BNG en relación á sinalización da ponte
medieval de Pereira e a súa inclusión nas guías turísticas municipais, así como
a limpeza e adecentamento do seu
entorno.
Outra medida aprobada onte
foi a delegación á Deputación Provincial da recadación da taxa por reserva na
vía pública para aparcamento.
*