Recouso: ""Esta feira debería promover os produtos dos principais sectores produtivos do concello de Ordes"
"A oferta cultural na festa do champiñón é inexistente"
O BNG
de Ordes ven de manifestar que mais unha vez, o alcalde, Manuel Regos, "incumpre" un acordo plenario unánime,
adoptado en maio do 2013, no que se acordou voltar dar
maior participación aos sectores produtivos que sosteñen a economía de Ordes e
da súa comarca.
Ramiro Recouso suliña que nos últimos anos estamos
asistindo a un "significativo proceso de empobrecimento" da feira multisectorial
Expo Ordes. A xuízo do portavoz municipal do BNG, Ramiro Recouso, "esta feira debería promover os produtos dos principais sectores produtivos do concello, e no caso de Ordes como cabeceira, de toda a comarca”.
Este empobrecemento de Expo Ordes, aseguran, trasládase á Festa do Champiñón que tamén ve como mingua significativamente a presenza de visitantes, dado que a Feira é pouco atraínte e a oferta cultural que debería acompañar á Festa do Champiñón é inexistente.
Sector téxtil
Para o voceiro nacionalista “pouco a pouco, o que foi
unha feira de marcado interese agropecuario (principal sector económico da
comarca) viu como a súa presenza ficaba reducida a un par de queixerías e a
unha pouca maquinaria agrícola. O sector téxtil, outro motor da economía local
e comarcal, despois de ter unha importante presenza, simplemente desapareceu
das últimas edicións.”
Desde o BNG acusan a Regos de “tentar cubrir estas
ausencias con empresas alleas á comarca e con entidades asociativas que pouco
teñen que ver coa filosofía dunha feira, que non é outro que o de dar a coñecer
os produtos dos seus principais motores económicos”.
*