martes, 6 de mayo de 2014

Mañá remata o prazo para inscribirse na Carreira Popular de Ordes

A proba terá lugar este domingo 11 de maio

Mañá mércores 7 de maio conclúe o prazo para poder inscribirse na XIX Carreira Popular de Ordes que terá lugar o domingo día 11. Poderán participar atletas profesionais ou afeccionados de todas as idades. As inscricións deberán realizarse no Departamento de Cultura e Deporte da Casa do Concello.

Este ano a organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría masculina e feminina, así como aos tres primeiros clasificados do municipio. Tamén recibirán premio os máis novos e os máis veteranos de cada proba. 

Como cada ano, haberá premios en metálico destinados á carreira absoluta (xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos), que nesta ocasión serán de 150, 80 e 50 euros para os corredores individuais. No caso de clubs federados e grupos do municipio a contía será de 150, 100 e 50 euros.

Organizadores e colaboradores

A XIX Carreira Popular de Ordes está organizada polo Concello de Ordes coa colaboración de Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro asesoría e seguros, Pazo do Bidueiro, Infantilandia, delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo e Championchip

Para máis información poden contactar  cos organizadores a través do teléfono 981 680 002.

*