miércoles, 21 de mayo de 2014

A Cidade Deportiva acollerá o IX Torneo Fútbol 8

Terá lugar esta fin de semana e participarán máis de 50 equipos

As instalacións deportivas de Vista Alegre acollerán os vindeiros sábados 24 e 31 de maio o IX Torneo Fútbol 8 Concello de Ordes, no que participarán máis de 50 equipos das categorías biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns.

Os horarios das competicións irán, para ambos dous días, dende as 09:30 horas ata as 20:30 horas. Os primeiros encontros serán esta fin de semana entre os xogadores pertencentes aos equipos biberóns e prebenxamíns, mentres que os das categoría alevíns e benxamíns serán o sábado día 31. 

Ao final da xornada, arredor das 20.45 horas, terá lugar a entrega de trofeos e medallas.

Participantes

Nesta ocasión os equipos que saltarán ao terreno de xogo serán: San Tirso, Burgo, Bertamiráns, San Pedro, X. Oroso, Ural, Laracha, Luis Calvo, Paiosaco, Conxo, Ordes, Calasanz, X. Oroso, Arteixo, San Pedro, Ural, Olímpico, Tordoya, R. Ferrol, Conxo, Paiosaco, O. Caballeros, Ordes C, Luis Calvo, Bertamiráns, SP. Sada, Victoria, San Tirso, Orillamar, Laracha, Cerceda, Deportivo, Val do Ulla, Victoria, Cambre, Betanzos, Once Caballeros, Ordes A, Ordes B, Ordes C.