Orientado especialmente a perdoas desempregadas, terán 478 e 618 horas lectivas cada un deles
Inscricións na oficina de emprego (Tlf. 981 680002 ou 981 680157)
O Concello de Ordes
convoca novos cursos de formación especialmente orientados a persoas
desempregadas. Concretamente trátase dun curso AFD de Atención a Persoas Dependentes
en Institucións Sociais e tamén no domicilio.
O primeiro deles terá unha
duración de 478 horas e o segundo de 618 horas lectivas, desenvolvéndose ambos dous
no mercado agrario comarcal.
Para poder asistir a calquera deles é
imprescindible posuir o certificado ESO ou ben as competencias clave, tendo
preferencia aqueles e aquelas que estén en situación de desemprego.
Todos os interesados deberán apuntarse na
oficina de emprego o antes posible co fin de realizar canto antes o proceso de
selección. Para máis información poden dirixirse á técnico de emprego ubicada
no primeiro andar do Concello de Ordes ou ben facer usos do teléfonos 981 680
002 ou 981 680 157.
*