Tiveron ocasión de coñecer o funcionamento da Casa do Concello
Na mañá de onte, máis dunha
treintena de escolares do terceiro curso de Primaria do CEIP Campomaior
visitaron as instalacións da Casa do Concello de Ordes.
No seu
percorrido polas instalacións tiveron a oportunidade de falar e coñecer cada un
dos departamentos e o persoal que neles traballan.
Salón de plenos
Finalmente mantiveron un
encontro co alcalde, Manuel Regos, quen os acompañou ao salón de plenos onde
todos eles lle fixeron preguntas relacionadas co municipio, a súa labor
política e os proxectos urbanísticos e sociais levados a cabo.
*